Chalalicia

Estamos a luns e aínda queda verán por diante, verán para tecer na praia, na piscina, no parque ou tirada no sofá vendo a túa serie favorita. E hoxe veño cun patrón fresco e divertido que poderedes tecer na cor que máis vos guste para levar nos momentos que elixades. Un diseño propio que representa a miña paixón polos tecidos e o gusto polo artesanal, chámase Chal Alicia!!!!!

IMG_0239

Un chal que me trae moitas alegrías, Teje con Garbo é unha web que traballa con diferentes materiais do tecido, que aposta por este gran traballo artesanal e que apoia ás mulleres no seu emprendemento como diseñadoras. Na súa tenda online podedes atopar tanto materiais modernos e actuais como kits de ganchillo e calceta. E a miña gran alegría está en que o Chal Alicia está incluído dentro dun kit co material que precisaredes para poder facelo, o algodón L, neste caso está feito ca cor mint, pero tedes máis cores na web que podedes elixir.

IMG_0237

É un patrón de ganchillo no que traballarederes diferentes puntos, e o ter diferentes seccións permite que non te aburrras no proceso. O patrón trae todo moi ben explicado e se o queredes máis grande so tedes que repetir as sección as veces que queirades, eso xa depende de vós!!!!

IMG_0244

Para poder conseguir o kit co patrón pinchade na seguinte ligazón:

https://tejecongarbo.com/

Tamén as podedes seguir en instagram como @tejecongarbo e atoparedes moitas máis cousas que fan moi chulas!!!!

E por último darlle as gracias a Teje con Garbo por confiar en min e mil millóns de gracias tamén a todas as que me acompañades neste camiño e nesta afección tan bonita!! Un bico enorme rulas!!!!

Anuncios

Eu

FullSizeRender

Hoxe veño a presentarme, xa levo un tempiño co blog activo e aínda que no apartado de presentación falo un pouco de min, desta vez veño a contar un pouco máis.

Son Violetazul, teño 34 anos e son galega, son de Ourense pero xa levo bastantes anos vivindo en Santiago de Compostela. No primeiro ano de carreira fun vivir cas miñas amigas, algunhas delas sabían tecer e nun momento de aburrimento véxoas no salón dándolle ás agullas, nese momento a miña curiosidade levoume a comprar un pouco de la e un par de agullas para que me aprenderan. Nada, eso durou dous días, aprendín a montar puntos e a facer puntos do dereito e do revés, e aí quedou a cousa. Pasaron os anos e lembreime do tema da calceta e comprei un par de novelos para empezar a facer unha manta, fixen unha tira bastante longa a punto bobo que loxicamente quedou no olvido, era un proxecto para comezar demasiado longo. A onde ía eu cunha manta, mimadriña!!!! Pero fai case cinco anos volvín retomar, e coincidín  no traballo cunha compañeira que sabía tecer e que me foi resolvendo dúbidas e motivándome, un día, dez minutiños antes de entrar a traballar aparecín cunha agulla de ganchillo e restos de las que tiña na casa e aprendín a facer unha cadeneta e puntos baixos, foi chegar a casa e tirar de youtube como sen non houbera un mañá, cun pouco de idea e cun mundo de posibilidades en internet fun descubrindo mil millóns de calceteras e crocheteras cas que aprendín un montón. Incluso cando me quixen embarcar nun proxecto máis grande, un xersei concretamente, atopei na miña cidade unha tendiña que daba clases de punto, @fainotitenda , estiven alí un tempiño e a verdade foi xenial compartir con máis xente unha nova aficción que me encantaba e aínda que non estiven moito tempo, aprendín moitísimo, é unha tenda de las espectacular e sempre que podo paso a gastar os cuartos jijiji!!!

Gústame moito poder facer cousas cas miñas mans, houbo unha tempada que me deu polo fimo, outra por facer pulseras e collares con abalorios e tamén fixen broches de fieltro. Gústame moito coser, pero non dispoño do tempo suficiente para aprender, ou o millor é que lle dou máis prioridade a calcetar e ganchillear, non sei, jajajjaa!!!

A finalidade do blog nun principio foi a de compartir unha aficción, coñecer a máis xente coma min e chegar máis lonxe con esto, e a verdade estou moi contenta ca de xente que estou coñecendo e ca resposta que estou recibindo cada vez que subo un patrón propio ou cada vez que subo unha publicación. A miña idea é crecer, seguir aprendendo e conseguir que a artesanía forme parte da miña vida moito máis se cabe.

Moitas gracias por todas as que me seguides e polo voso apoio!!!! Un bico enorme rulas!!!!!!

Tres chales para o verán

É moi importante a visibilidade que damos a eses proxectos e patróns gratuítos que podemos atopar polas redes. Cada un dos patróns gratuítos compartidos supón para cada diseñadora un tempo para a elaboración da labor, un tempo para a elaboración do esquema ou explicación, un tempo para a realización das fotografías e un tempo para compartir polas diferentes redes sociais e blogs persoais. O tempo temos que aprender a valoralo, temos que saber apreciar que para que un patrón poida chegar as nosas mans existiu un proceso longo. A importancia de compartir nas redes a esas diseñadoras e eses patróns, o dar like a unha foto, dar visibilidade a unha conta ou o simple feito de facer un comentario pode axudar moito máis do que creemos. Pero o que non debemos esquecer é a valorar a artesanía, así como podemos atopar patróns gratuítos tamén podemos atopar patróns de pago, patróns preciosos e moi ben traballados que tamén nos axudan a aprender novos puntos, novos esquemas e a tecer pezas marabillosas creadas por grandes compañeiras.

Desta vez veño con tres patróns de tres chales preciosos e gratuítos, tres chales de algodón que nos darán a vida para as noites frescas de verán. Proximamente noutro post falareivos de patróns de pago que teño increíbles e cos que aprendín un montón e disfrutei moitísimo.

O primeiro chal do que vos quero falar é o #chal9dejunio de @susimiu , podedes atopar o patrón e as razóns polo que leva ese nome no seu blog, é un chal moi fácil de tecer e o podes facer de millóns de materiais diferentes, eu pensei en volver a tecelo en negro con liño para levar a unha voda e con moitísimos máis flecos, por instagram podedes atopar un montón deles en millóns de cores diferentes que seguro que vos inspiran.

IMG_20190323_194931_116

O segundo é o #chalsp de @santapazienzia , ten varias versións do chal pero esté é o que máis me gusta, o punto popcorn fai do chal unha peza orixinal e divertida. Non podes ser crochetera e non ter un chal dela. Eu fíxenme a terceira versión que ten para o inverno e encántame. Pasade polo seu insta e polo seu blog porque ten cousas preciosas.

IMG_20190326_152559_510

E o último é o #fallrivershawll de Katya Novikova que podedes atopar en Raverly, unha plataforma de calceta e ganchillo que ten auténticas marabillas. Aprendendo a buscar e a indagar podedes atopar infinidade de labores e coñecer a diseñadoras cun talendo asombroso.

IMG_20190616_212321_591

E ata aquí o post de hoxe, porque este blog non trata soamente de min, trata de todo este mundo que nos rodea, o mundo da calceta e do ganchillo. Vémonos o próximo domingo rulas, pasada unha boa semana!!!!!

Top espiga

IMG_0257

Levaba bastante tempo co blog esquecido, pero este blog marca os meus inicios, o meu medio de expresión e de compartir esta afición que me leva acompañando xa uns aniños. Pero esto vai a cambiar, chegou o verán e dispoño de algo máis de tempo para retomar e publicar novas ideas, novas inquedanzas, novos proxectos, novos patróns e diversas cousiñas que me rondan pola cabeza. A miña idea é facer deste blog algo máis activo, con publicacións semanais que non teñen que ser tan só de patróns pero sí do mundo da calceta e do ganchillo. A realidade é que esa foi a miña intención dende o primeiro momento que naceu Violetazul pero o traballo e as responsabilidades non me deixan todo o tempo que me gustaría, imos a intentalo polo menos e xa iremos vendo como vai, o importante é disfrutar do traxecto, non??

Pois desta vez veño co Top Espiga, un top que comecei a tecer un pouco sen saber por onde ía a seguir, facendo un pouco de caso os meus propios instintos.

IMG_0248

Pero os meus instintos foron por bo camiño e o final este foi o resultado, tiña moitas ganas de tecer algo en negro, pódese combinar con todo e é unha cor que xamais falla, sempre a temos como fondo de armario e nunca pasa de moda.

IMG_0267

A talla do top é unha S-M, cando vexades o patrón veredes que eu uso unha agulla máis fina do que pode pedir o fío pero eso é porque eu tendo a tecer frouxo e dende que me pasei as circulares aínda o noto máis, non sei se vos pasa a vós, pero eu das rectas as circulares teño que baixar entre medio número ou un número dependendo do fío, pero todo é adaptarse e a tensión que ten cada unha de nós é o que marca a nosa forma de tecer e que cada peza sexa única e irrepetible, marcando a nosa propia personalidade, tecendo unha mostra seremos capaces de adaptar o patrón as medidas de cada quen.

A realidade é que esta prenda tan só leva dous novelos de 50 gramos de algodón de Dropsyou, pero chegoume xustiño polo que sempre é millor que teñades un novelo máis, ademais que cada unha elixe se o quere máis longo, máis ancho, coas tiras máis curtas, etc, personalizar o patrón orixinal forma parte de cada tecedora xa que non todas somos iguais nin temos os mesmos gustos. O que sí é importante é que non esquezades de quen é o patrón orixinal, encantaríame ver polas redes como van quedando os voso tops polo que usade o hastag #topespiga e etiquetádeme na foto como @violeta.zul .

Por aquí vos deixo o patrón en castelán, se tedes algunha dúbida tan só vos tedes que pór en contacto comigo por info@violetazul.com e eu estareie encantada de axudarvos. Vémonos o próximo domingo con máis cousiñas, pasade unha boa semana rulas!!!

Pincha aquí para descargar o Patrón top espiga

Kit primeiros meses

 

Os agasallos feitos a man teñen algo propio e persoal, son realizados dende o cariño, sempre pensando no seu destinatario e coidando ata o máis mínimo detalle. Desta vez veño con este kit para recén nacidos composto por unha manta de 70×90 cm , tecida cun material suave e esponxoso, un chupeteiro con bolas de madeira e un neceser para levar unha muda, un babeiro ou o que se precise.

Realízanse por encargo, polo que se queredes facervos con un non dudedes en poñervos en contacto comigo por privado.

Espero que teñades un feliz domingo rulas!!!! Bicos!!!!

Bufanda rosa ganchillo

 

As veces precisamos voltar o principio, deixar de lado labores máis complexas e tecer unha bufanda, labor que aínda que é sinxela require paciencia e repetir o mesmo punto unha e outra vez ata rematar, pero son labores que axudan a desconectar, a non pensar, a manter a mente tranquila e ir avanzando e cando te das conta, de súpeto, xa a tes rematada. E voltar os principios tamén significa voltar a esas profesionais que levan aprendéndonos dende o outro lado do charco dende xa fai moitos anos, falo de @tejiendoperu , penso que xa todas sabemos quen son, unhas mulleres que practicamente foron as primeiras en colgar tutoriais en youtube tanto de calceta como ganchillo para compartir co resto do mundo os seus coñecementos.

Para tecer esta bufanda guieime por un punto de ganchillo que elas teñen colgado en pinterest, déixovos aquí o patrón, chámase “punto granny espiga”. A miña labor está tecida cunha agulla de 4mm, con 3 novelos rosas de Valeria di Roma Merino extra Superwash de 100 gr e un novelo beige de Drops Puna de alpaca de 50 gr. As medidas sen contar os flecos son de 160x 22 cm. Os flecos son de algodón xl de Casasol e miden uns 15 cm. Para facer a miña bufanda e conseguir os 22 cm de ancho tecín 41 cadenetas, teñen que ser múltiplo de 4 máis 1. Tedes que estar atentas os grupos de tres puntos altos que van entre as cadenetas, eses tres puntos altos tedes que tecelos no punto alto do medio que hai debaixo da cadeneta, é dicir, no medio do grupo dos tres puntos altos de dúas filas anteriores.

E pouco máis xentiña, en breves voltarei con cousiñas novas!!! un bico grande rulas!!!!

Chal calado verdeauga knit

img_0082img_0088

Moi boas xentiña!! xa facía tempo que non pasaba por aquí. Pois xa vedes que aínda segue facendo frío, queda inverno e inverno por diante, e o propio é abrigarse ben. Fai un ano agasalláronme cunhas las preciosas de Dublín, uns novelos tan preciosos que eu só tiña en mente facer algo sinxelo no que se puidera apreciar a súa beleza, tiña que elexir ben porque só tiña dous novelos de 100 gramos. O final saiu este chal caladiño moi abrigoso pero moi lixeiro a vez, estou encantadísima con el a verdade. O fío é de @donegalstudio e foi comprado na tenda @thisisknit , é 100 % la e cada novelo é de 100 gramos e aproximadamente ten 200 metros. Está tecido cunhas agullas circulares de 5,5 mm, eu optei por as circulares xa que o ir crecendo o número de puntos nas agullas cos aumentos pois é moito máis cómodo cun cable largo que apretalos puntos nunhas agullas rectas. déixovos o patrón nos seguintes enlaces tanto en galego como en castelán, e se tedes algunha dúbida xa sabedes que me podedes escribir sen problema tanto por aquí como polo instagram @violeta.zul . Moito ánimo e moito tecido rulas!! Biquiños!!!!!!!

Patrón Chal Verdeauga Galego

Patrón Chal Verdeauga Castellano